Creo que Dead Space 2 será un de esos xogos que non necesitan Demo para saír ao mercado, xa que a calidade do título está bastante asegurada.
Aínda que se non tivestes a oportunidade de probar a primeira entrega, invítovos a que o xoguedes xa, non vos defraudará. E se vos queredes asegurar de que será un título obrigado, xa podedes descargar a DEMO en Xbox Live e en PSN só en territorio americano, aínda que os que teñen unha Playstation 3 non se deben preocupar, xa que mañá xa estará dispoñíbel.
Eu aínda non catei esta demostración, pero se algún dos lectores tivo a sorte, pois invito a que comentedes as vosas opinións sobre esta segunda entrega de Dead Space 2.
Xa podemos probar a Demo de Dead Space 2
Martes, 21 de Decembro de 2010
Ufff…Ufff….Ufff….
Desexando que saia
Ti, eu e creo que a maior parte dos que desfrutamos dos bos xogos, que con que sexa igual de divertido que o primeiro xa está ben, pero moito me da a min nos fuciños que o vai superar, e xa entramos en palabras maiores.