Cambio nos efectos de luz de Gears of War 3

Por: Martes, 21 de Decembro de 2010

Efectivamente, nunca pensei que o apartado gráfico de Gears of War 2 puidese ser criticado, pero así foi.
Lee Perry, diseñador da terceira entrega de Gears of War 3, recoñeceu que o sistema de iluminación do título foi modificado debido ao resultado de Gears of War 2.
Da súa boca saíron as seguintes palabras explicando este acontecemento:

“Case podes facer un ranking de canto se xogan os mapas según o luminosos que son» e «Canto máis escuros, lóbregos e depresivos son os mapas, máis tenden a estar nos últimos postos”

Deste xeito procederán a realizar unha escuridade máis propia dos filmes, é decir, máis azulada que negra, porque se algo acertaron aquí, foi que aos xogadores non están completamente de acordo co negro-tétrico-escuro-pouco perceptíbel dalgúns títulos.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario