Super Smash Bros en Game Boy

Por: Mércores, 15 de Decembro de 2010

Todos aqueles que tivemos nas nosas mans unha gran Nintendo 64 creo que recordamos con especial cariño o Super Smash Bros. Foi a primeira vez que vimos pelexar a personaxes de Nintendo, todos revoltos, todos querendo gañar e todos desexando coller o “ítem” do martelo.
Cantos recordos nun só título, pero retrocedamos un chisco e imaxinemos un Super Smash Bros retro para a nosa Game Boy.
Pois precisamente foi o que fixo Danforce, un colega cunha paciencia como un mundo que recreou este videoxogo. É máis, podemos probar este curioso título en calquera emulador de Game Boy Advance, e aínda que só ten tres escenarios e dous personaxes (Mario e Kirby), creo que a curiosidade merece a pena.
Os píxeles coma puños seguen erguéndose en proxectos así.
Para mín foi de bo agrado simplemente visionar o xogo. Non sei a vós que vos parece?

http://www.youtube.com/watch?v=1dmHjdUere4&feature=player_embedded

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

3 Comentarios a “Super Smash Bros en Game Boy”

  1. AmilGZ di:

    Eu lembro que tenho uma revista “Nintendo Acción” de há anos (em pleno começo da pokémania) em que falam de que se estava a desenvolver a versom para Game Boy Color do Super Smash Bros. Dou fé! Mágoa que ao final o projecto nom fosse a nengures….

    • Skaltum di:

      Non quero pensar ás horas que me podería pasar se saíse un proxecto así, aínque que teño que facer un pequeno inciso. Estaría á altura do Smash da Nintendo 64?, porque este último que sacaron para a Wii, levou críticas impresionantes, e estou de acordo que é un xogo moi bo, pero ou é nostalxia ou fáltalle o encanto que tiña o da N64.

      • AmilGZ di:

        Certo é que muito do encanto que tinha o Super Smash Bros. era a sua originalidade, pois nunca se figera nada parecido. Mas para mim a melhor versom é o da Game Cube, já que o da N64 fica curto no apartado gráfico e tem pouca variedade de objectos/personagens.

        O da Wii para mim só é uma reediçom do da Game Cube com algum extra, e a entrada de personagens como Snake do Metal Gear nom me pega muito, a verdade. Salva-se porque sai o Sonic 😉

        Eu creio que na altura um Smash Bros. para Game Boy podia ter sido um êxito de vendas, e mais ainda se o chegam a sacar para a Game Boy Advance quando saiu, junto ao Mario Kart Advance ou as reediçons dos Super Mario que tam bom sabor de boca deixárom.

Deixar un comentario