Análise Donkey Kong Returns

Por: Martes, 14 de Decembro de 2010

Por fin, despois de moito agardar, chegou unha nova versión do simio máis famoso que hai no mundo dos videoxogos.

Donkey Kong Country Returns

Despois de percorrer un camiño cheo de éxitos na SNES, na GC e no mundo portátil, chega por fin unha versión do famoso Donkey Kong Country para as consolas de nova xeración. Estarán os novos programadores á altura de Rare?

O primeiro cambio que atopamos  é, como non podía ser doutra maneira, a nivel gráfico. Donkey e Diddy deixan atrás o mundo dos sprites e dos escenarios renderizados e dan paso a un novo mundo en 3d, moi colorido en xeral pero que nalgunhas fases peca de simplón e deixa a sensación de que podía facerse un pouco mellor. Xunglas, minas, fases nevadas ou praias tropicais en pleno atardecer son as paraxes que terán que percorrer os nosos simiescos amigos se queren chegar a bo porto.

A nivel musical este xogo continúa coa tradición da saga. A maioría das melodías resultaran familiares aos incondicionais das aventuras deste gorila, dende a música do comezo ata moita das musicas que nos acompañaran o longo de todos os niveis. As reminiscencias a xogos pasadas son inevitables. O nivel musical e óptimo, e prácticamente imposible atopar un acompañamente mellor.

E agora entramos por fin na xogabilidade, o seu auténtico punto forte. O xogo é un plataformas clásicos de saltar e avanzar para chegar o final, pero, ademais, cada nivel está pragado de segredos, xa que debemos atopar as letras necesarias para formar a palabra KONG, pezas de puzzles e moedas, que fan obrigatorio ter que volver a percorrer todos os niveis se queremos obter o 100% no xogo. Ademais, para logralo, deberemos combinar de manera axeitada as habilidades de Donkey como son golpear no chan coas palmas, rodar como unha bola; e as de Diddy , voar durante un pouco e disparar plátanos.

Como non podía ser doutra maneira nun xogo de Nintendo, podemos disfrutar desta aventura axudados por un amigo otorgándolleo o xogo unha nova dimensión xogable, pero sen dúbida bótase de menos algunha modadilade a maiores, como por exemplo no Super Mario Wii, na que poidesemos disfrutar de algún reto que non se tratase do simple cooperativo.

Como conclusión, o xogo é unha compra recomendada para todos os incondicionais das plataformas ou do mono de Nintendo. E un xogo longo, rexogable e cheo de secretos que custará moitas horas ata que lle saquemos todo o que pode dar de si. Sen dúbida algunha, esta destinado a ser unha das compras obrigatorias de Nintendo para este Nadal.

Deixar un comentario