Imaxes de Uncharted 3:Drake`s Deception

Por: Venres, 10 de Decembro de 2010

Se fai uns día falabamos que a terceira entrega de Uncharted podería estar ambientado no deserto, agora xa o podemos asegurar.
Coa velocidade que avanzan estas novas non me estrañaría que dentro duns días amosasen máis imaxes e incluso algún tráiler, pero polo de agora temos que conformarnos co que temos, é decir, o subtítulo da terceira entrega, imaxe da portada (aínda non se sabe se é completamente a oficial, pero ten toda a pinta) e un par de imaxes.
Pero isto non queda aquí, xa que se confirmou que a terceira entrega de Nathan Drake será totalmente compatíbel coas 3D.
Deste xeito podemos estar seguro que a saga por excelencia da PS3 e dos xeniais Naughty Dog volverá expremir á potencia da consola de Sony e sorprendernos noutra espectacular e fascinante aventura (aínda que supoño que tan doada como as anteriores, pero non se vai ter todo).
Esperaremos máis datos, e como non, un destos tráilers espectaculares que nos deixan a todos hypados.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario