Xa se está cocendo Prototype 2

Por: Luns, 6 de Decembro de 2010

Algo que non quedara demasiado claro fora se existiría unha segunda parte de Prototype. Agora mediante un teaser podemos certificar este feito, pero a verdadeira pregunta da noticia é a seguinte: de verdade é motivo de alegría esta secuela?
Personalmente a primeira parte non me divertiu tanto como nun principio parecía, porque aínda que parte dun argumento pasábel e que podería dar moito xogo, acaba por situarse nun marco frío e sen personalidade que volvo repetir, non me satisfixo todo o que debería.
A todo isto tampouco era un título para suspendelo, pero si pediría que coidasen máis a segunda parte e que dotasen aos personaxes de máis carisma.

http://www.youtube.com/watch?v=J2kylFS7fvU&feature=player_embedded

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

1 Comentario a “Xa se está cocendo Prototype 2”

  1. NetOverflow di:

    Moooiiii interesante… jejeje

    A primeira parte gustoume moito, tanto pola historia, como pola xogabilidade, ademáis da liberdade de movementos que tiñas.

    Haberá que seguir os avances…

    Un saúdo. 😉 😉

Deixar un comentario