Boas noites a todos os espectadores. Volvo estar no planeta Phixel e hoxe teño comigo ao protagonista da saga Devil May Cry, Dante, que sorprendeu a toda a Galaxia coa súa nova estética:

Skaltum: Boas noites Dante, sénteste cómodo nesta entrevista?

Dante
: Pois claro que si, guapetón. Estando acompañado dun home tan forte, musculado e rompecorazóns, coma ti.

Skaltum: Ehhhh,supoño que terei que estar agradecido, non sei. Pero cóntanos o por qué deste cambio de estética.

Dante: Estaba canso de eliminar demos e seres da ultratumba. Eles teñen o seu corazonciño, sabes?. Sen embargo eu sempre preferín recolectar margaridas polo campo. Son tan bonitas…

Skaltum: Pero debes entender que os teus seguidores estean intranquilos e enfadados, xa que ti sempre fuches para eles un personaxe carismático, sen medo a nada, e agora… aparentas o contrario.

Dante: JaJaJa, que bribón eres. Era todo márketing, obrigábanme aparentar ser así, pero agora son libre. Os meus novos xefes, Ninja Theory deixáronme ser como realmente son. De feito quería facer un cambio de sexo, pero aínda non aforrei o diñeiro suficiente.

Skaltum: Unhas declaración dixeron que estiveches fai un mes no cárcere. Que hai de verdade nisto?

Dante: Si, jaja, botei unha noite no calabozo, é que pilláronme coa miña moto a setenta nunha limitación de cincuenta.

Skaltum: Pero iso é motivo para encerrarte?

Dante: É que o garda que me multou era tan guapo e simpático que non conseguín evitar bicalo. E creo que se enfadou un pouquiño.

Skaltum: E do novo vicio de fumar?

Dante: Sempre pretendo ter algo na boca… polo que pronto comezarei a fumar enormes puros.

Skaltum: Tes algo que dicirlle a todos aqueles fans que se senten frustrados coa túa nova imaxe?

Dante: Claro. Gustaríame satisfacer as necesidades de cada un, pero creo que non vai poder ser. Agora que me permiten ser como son, xa non quero eliminar a ningún ser. Só quero coller flores, comprar roupa apertada e pasalo ben desfrutando dos demais.

Skaltum: Agora podemos asegurar que eran falsas aquelas declaración que mencionaban que saías con Trish.

Dante: Eu con Trish?, que bobada. Só é unha boa amiga que me acompañaba ás tendas, por certo, compartíamos o mesmo perfume.

Skaltum: Creo que xa abonda de entrevista. Un novo Dante que rompe con todo o anterior, sen importarlle o que pensen os máis puristas e seguidores da saga.

Dante: Xa está?, non me fas máis preguntas?

Skaltum: Non, a entrevista rematou.

Dante: Dásme o teu número de teléfono e quedamos outro día. Así amósoche a miña longa espada…

Skaltum: Non, e non te acerques máis.

Dante: Veña, non che gustan as caricias.

Skaltum: Aparta de min,…non saques a roupa…sóltame…
Dante: Teño moito amor que dar ás persoas, cariño.

Skaltum: Nooooonnn,… sóltameeee…SEGURIDADEEEEEE!!!!

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario