Canción do Tretris en Jazz

Por: Venres, 19 de Novembro de 2010

Versións de cancións de videoxogos podemos atopar a patadas con teclear unha simple tecla, e os nosos seguintes protagonistas non queren ser menos e atrévense coa mítica canción do todopoderoso Tetris tocando unha versión moito máis Jazz.
O resultado é un tema totalmente apropiado e recomendado para todos, e mentres escoitedes esta canción teredes o cerebro pensando en pezas do Tetris.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario