Tráiler de lanzamento de CoD:Black Ops

Por: Martes, 2 de Novembro de 2010

Estamos a unha semana de que a “non sei que entrega” de CoD chegue as nosas mans, e para calmar as nosas ansias e espectativas podemos contemplar o novo tráiler de lanzamento de Black Ops onde os disparos,acción e escenas espectaculares inundan a pantalla do ordenador.
Despois de isto só queda saber se Treyarch conseguirá o maior reto o que se enfrontou unha compañía,é decir, a esquecer as xoias de arte que nos agasallaron os difuntos Infinity War deixándonos un título igual ou superior aos Modern Warfare.
Persoalmente creo que o teñen moi complexo,pero vendo os gameplays e tráilers de Black Ops, ten unha pinta moi boa,lonxe dos moi regulares CoD que realizaron Treyarch anteriormente.
Eu vou quentando os meus dedos porque van levar unha boa tunda cando pille este Call of Duty.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

1 Comentario a “Tráiler de lanzamento de CoD:Black Ops”

  1. […] Se sodes dos que andades inmersos en múltiples xogos online e falando con descoñecidos,tanto insultando (por non saber xogar), como insultando (por envexa), seguro que vos interesa a noticia que vos traio, xa que Sony acaba de sacar un novo reediseño dos seus auriculares. Estéticamente melloraron bastante, cun tamaño algo inferior e máis estilizados, aínda que as súas características non variaron, coa excepción dun sistema de cancelación de ruido de fondo que facilitará as conversacións online. Un novo movemento de Sony e qué casual, xusto antes da saída do novo Call of Duty:Black Ops […]

Deixar un comentario