A piques está de chegar o Project Natal (si,continúome resistindo o nome final que lle asignaron),para a consola de Microsoft, e para que todo saia ben a nosa consola terase que actualizar.
Así, e despois duns cinco minutos teremos a nosa Xbox 360 co último firmware que chega con bastantes novidades.
Como xa dixen, a máis salientábel é que adapta a nosa consola ás capacidades de Kinect (vale,resignome), pero a parte, atopámonos cun deseño máis minimalista que non lle queda nada mal.
Tamén se estilizaron moito máis os nosos avatares para darlle unha forma máis …humana, por catalogalo de algunha maneira.
E para rematar creo que sobra decir que a actualización é totalmente gratuíta polo que deberiades facerlle este lavado de cara á Xbox 360
A nova actualización do firmware de Xbox 360 xa está dispoñíbel
Martes, 2 de Novembro de 2010