Non me canso de repetir que os únicos xogos que de verdade espero para a consola de sobremesa de Nintendo son o próximo Kirby e o Donkey Kong Returns.
Sobra decir o por qué,pero que esperar de dous nomes de esta categoría?,plataformero clásicos,gráficos coloridos e simpáticos e unha diversión dificilmente igualábel por outros títulos que pretenden achegarse a esta temática.
No caso do mono acorbatado a cada tráiler que amosan,mellores e novas plataformas aparecen,cousa que me fai prever unha nova xenialidade de videoxogo.
Nunca se pode asegurar nada antes de coller o pad na man,pero mirade este novo vídeo e decídeme vós se non ten boa pinta.
Novo e fabuloso tráiler de Donkey Kong Returns
Venres, 29 de Outubro de 2010