Páxina en construción

Por: Mércores, 20 de Outubro de 2010

Como xa vos destes conta levo uns días sen escribir moita cousa, e non é por outro motivo que a merca de dominio. O primeiro que teño que agradecer é a incuestionábel axuda de Marcos de Linwind que foi o encargado de axudarme neste treito.

Tamén quero agradecer o apoio de Galego Lab que fixo o posíbel para que este proxecto se levase a cabo.

Como seguro que vos fixastes aínda existen algúns fallos, sobre todo de redireccionamento, pero espero palialos o antes posíbel. Tamén avisar que próximamente a páxina estrará en cambios constantes ata dar co que máis se axusta ás miñas espectativas, polo que espero que disculpedes todo isto.

En fin, comeza unha nova etapa de Memoria Pixelada, ou está a piques de comezar.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

3 Comentarios a “Páxina en construción”

  1. LexnaLof di:

    Ola Skaltum!

    Pásome en nome do equipo de Cabozo.com para desexarche sorte nesta nova etapa para Memoria Pixelada.

    Parécenos unha das mellores fontes de contidos para o grupo sobre videoxogos da nosa web, de feito xa empezamos a enlazar algún dos teus artigos tanto no grupo sobre videoxogos de Cabozo coma nas nosas contas en Facebook e Twitter.

    Saúdos.

  2. Skaltum di:

    Moitas grazas pola vosa axuda e apoio. Sei que aínda quedan bastantes cousas que pulir nesta nova apariencia, pero conto ter solucionado todoas estos problemas o antes posíbel.
    Saúdos

  3. Roque di:

    a ver se podo ser algo mais activo que ultimamente ando desaparecido jaja

Deixar un comentario