Cantas veces escoitastes que un xogo pretenderá volver aos inicios da saga?, pois moitas e moitas, e polo que parece esta mentira (porque case nunca levan razón), seguirase estendendo polo mundo dos videoxogos.
A última desenroladora en caer nesta estratexia foi checho Vatra , responsábel da oitava entrega de Silent Hill a cal pretenderá volver aos inicios (resaltando a segunda entrega de Silent Hill), dándolle moitísima máis importancia ao terror psicolóxico que á acción directa.
Isto sería unha boa noticia se non souberamos que a anterior compañía que realizou Homecoming (último e desastroso xogo de Silent Hill) dixo exactamente o mesmo, e mirade o resultado.
Polo menos sempre nos pode quedar a esperanza de que desta volta sexa verdade, pero tendo en conta as reincidencias…