Por fin podemos saber (parcialmente) cando e canto nos custará adquirir a nova revolucionaria portábel de Nintendo. Digo parcialmente, porque oficialmente só falaron no país nipón, aínda que abonda para facer un breve valoración do que nos pode custar.
En canto á saída, rumoreouse ben tempo que podería saír en Xapón o 11 de novembro, pero finalmente non será así, e terán que esperar ata o 26 de febreiro de 2011 e con relación á chegada a occidente mencionaron que sairía no longo de marzo, aínda que non especificaron o día en concreto.
Pero vamos o que realmente interesa, a que prezo sairá?, pois os xaponeses terana a 25000 yens, que facendo o cambio estaría en 221 euros, polo que se pode intuír que finalmente estará a 250€, porque está claro que farán unha aproximación cara arriba e non cara abaixo.
Así que xa sabedes e xa podedes valorar se vos vai convir ou non, persoalmente e tendo en conta que a cotrosa PSP Go está a este mesmo prezo tampouco me parece unha esaxeración, pero ao mesmo tempo sabendo que Nintendo no fai rebaixas nas súas consolas, quizáis atraería a máis xente se estivese a 200€. Aínda así, e vendo a impresionante cantidade de compañías que están desenrolando para esta consola, creo que para mín vai ser unha compra obrigada.