Algúns detalles sobre Batman: Arkham City

Por: Mércores, 22 de Setembro de 2010

batman

Aínda recordo con toda a emoción a sorpresa que levei cando xoguei ao primeiro título de Batman desta xeración, e non hai palabras para describir esa xoia dos videoxogos.

Supoño que a ninguén collería por sorpresa que sacarían un novo título, e deste, cada vez se saben máis cousas e algunhas delas cóntoas aquí.

O primeiro que debemos mencionar son os novos personaxes que veremos no título, polo que ademáis do carismático Joker poderemos ver a Dúas Caras,Victor Zsaz, Calendar Man e Catwoman como convidados especiais en Arkham City.

Tamén hai que destacar que a historia continuará directamente do anterior videoxogo, detalle que poderedes aproveitar para volver rexogar a anterior obra de morcego, que nunca ben mal.

Pero o detalle máis sorprendente é que o mapa será cinco veces máis grande que Arkham Assylum ( que xa lle chega ben ), polo que podemos intuír que haberá vehículos que manexar para desprazarnos dun lado a outro.

Sobra mencionar que é un dos títulos que máis espero, e aínda preguntades por qué?, se facedes isto é que non desfrutastes do anterior título.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario