Impresionante Asura´s Wrath

Por: Mércores, 15 de Setembro de 2010

Se o tráiler de Devil May Cry 5 me deixou tan frío como as patas dunha galiña conxelada, a presentación de Asura´s Wrath levantoume o ánimo cun espectacular e prometedor tráiler. Agarrádevos onde poidades porque a rapidez do vídeo, das accións, dos monstros sorprendentes, dos movementos dos protagonistas fan que che sexa imposíbel sacar a mirada da pantalla.

Ademáis o certo humor que se presenza agradécese moito, pero non só iso, se non as secuencias dos golpes que se dan os dous protagonistas ( paralizándose a imaxe en estilo cómic) dalle un aspecto inmellorábel.

Moito tino con Asura´s Wrath porque pinta realmente ben, pero como sempre, as miñas palabras non valen para nada, pero a vosa vista falará por si soa despois de presenzar este extravagante e curioso tráiler.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario