[Planeta Phixel] Entrevista a ICO

Por: Mércores, 15 de Setembro de 2010

ico 2

Moi boas tardes a todos os lectores que seguen as mellores entrevistas de toda a rede. Se anteriormente tiveramos a sorte de poder falar con Mario, desta volta continuamos no planeta Phixel e déronnos a oportunidade de conversar con ICO.

-Xa fai moitos anos que sufriches aquel percance naquela illa misteriosa, pero podes explicarnos coas túas palabras o que supuxo en ti?

-Xa estou ata os collóns da mesma pregunta e xa me canso de repetir o de sempre, uns piiiiiiiiiiiiii (pitido de censura) pensaron que estaba posuído e quixéronme encerrar par sempre, despois saín daquela cárcere e non sei como piiiiiiiiiiiiii sobrevivín.

-Parece que o noso convidado ten mal xenio, pero por favor ICO, pediríache que falases correctamente e non empregases palabras mal soantes.

-Eu vou falar como me sae da piiiiiiiiiiiiiii, piiiiiiiiiiiiiiii.

-Como inflúen esos cornos na túa vida social?

-Xa tivo que saír o piiiiiiiiiii tema, pois imaxínate ti, nos cines molesto aos de atrás, non podo poñer gorros,case non collo dentro dos coches…como ves non estou moi contento con eles, así que como volvas falar de eles, utilizaréinos para facerte calar piiiiiiiiiii.

-Tranquilo, aquí respetamos aos entrevistados, así que non tocarei máis o tema. E cambiando de conversa, onde se atopa Yorda?

-A verdade é que me denunciou e púxome unha orde de alonxamento,porque parece ser que a quixen secuestrar. Todo empezou despois de que saíra de aquel cilindro onde me deixaron os piiiiiiiiiii, xa que a ela atopeima un pouco despois, e aínda que eu sempre a levaba pola man para sacala de alí e afastala daqueles monstros, ela alegou intento de secuestro.

-Pero como é posíbel iso se ti o que querías era axudala?

-Si, pero parece ser que nunca existiron tales seres,ela estaba de visita no castelo e foi cando a comecei a levar conmigo

-Entón aqueles seres dos que falas foron imaxinación túa?

-Ehhhh…., a verdade é que estou ingresado nun psiquiátrico por delirios,alucinacións e non sei que máis cousas dixeron, e ademáis aquel día estaba borracho de todo, por iso me deron collido aqueles piiiiiiiiiiiiii, así que non sei se existían de verdade ou non, cada un que pense o que lle saia dos piiiiiiiiiiiiii.

-Tranquilo,tranquilo, xa só me faltan un par de preguntas para rematar

-Pois vai apurando que me canso de verche esa piiiiiiiiii cara.

-Contan as historias que teu pai foi un heroico home que fixo fronte a temíbeis criaturas,canto hai de certo nisto?

-Pódesllo preguntar ti cando queiras, xa que reside na habitación 415 no mesmo psiquiátrico no que me teñen vivindo a min

-E para rematar, aclarácheslle a toda a sociedade que esos cornos non son ningunha maldición,se non un defecto xenético?

-Díxenche que non volveses sacar o tema maldito piiiiiiiiiiiiiiiiii,vas ver para que serven os cornos, toma, toma, toma,toma piiiiiiiiiiiiiiiiiiiii,piiiiiiiiiiiiiiiiiiii

Imaxes censuradas por agresividade

Dez minutos despois:

-Sentimos o acontecido anteriormente, informamos que o anterior periodista resultou ferido de gravidade aínda que agora está estable, parece mentira que un corpo tan pequeno poida facer tanto dano,en fin ata aquí a entrevista de hoxe

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario