Deste xeito e vía twiter, Capcom revoluciona o panorama videoxoguil con respecto ás novidades, xa que esta compañía anunciará en apenas tres días ( que é o que falta para o inicio do Tolyo Game Show) catro títulos novos.
Estarán estos enigmáticos títulos á altura desta presentación?,nunca se sabe, pero eu só publico esta noticia porque sempre teño esperanza en ver unha nova entrega de Onimusha. Xa sei que as probabilidaes de que isto sexa real é moi reducido, pero ben é verdade que a esperanza é o único que se debe perder, así que polo que a mín respecta estarei atento ao Tokyo Game Show, e se por algún motivo aparece o nome de Onimusha, a adrenalina percorrerá o meu corpo, as pulsacións puñeránseme a mil e a tensión subirame ata as nubes.
Quedou claro que quero ver un Onimusha xa?