O primeiro que vou facer é lanzar unha pregunta ao mundo, existe algunha persoa que se resistise ao encanto que gardan os puzles de O Profesor Layton?, eu creo que non e así o entendo xa que por Xapón xa están esperando a quinta entrega desta saga creada polos sempre xeniais Level 5.

E mentres, por estos lares estamos esperando o cerra da triloxía que deixaron aberta a Vila Misteriosa e a Caixa de Pandora. Dous xogos practicamente idénticos quitando a historia, que deficilmente podo elexir cal me gustou máis.

E para facernos máis levadeira a espera de O Futuro Perdido,podemos ver este novo tráiler que nos demostra que seguirá o mesmo camiño que os predecesores,volveranos sumerxer nunha fantástica historia,doeranos a cabeza cos seus puzles e desfrutaremos das fermosas paisaxes que nos agasallan os de Level 5.

Así, toca esperar ata o 22 de outubro para poder superar os 165 retos que nos ofrecerá esta terceira entrega de O Profesor Layton.

Por certo, neste xogo o Profesor é un tipo legal,boa persoa,axuda aos demais, pero para a miña antinatura Imaxinación sería algo parecido a isto.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario