Vintena de falacias sobre videoxogos

Por: Xoves, 9 de Setembro de 2010

Lingua de serpe

1. A min os gráficos non me importan:

Estaremos todos de acordo que non son o primordial, pero canto desfrutamos cando

videoxogos nos poñen unhas paisaxes impresionantes para goce dos nosos ollos

2. Fable 2 é un xogo de rol

A min paréceme que é un título de aventuras lento

3. Metal Gear Solid 4 é o mellor de toda a saga

Ah, pero esta cuarta parte está considerada como boa?

4. A Wii é a mellor consola polo seu innovador control

Dende cando se controla ben?, dende o Wii Motion Plus?…tampouco, e o importante das consolas non son os seus videoxogos?,buf,cantas preguntas

5. Kojima abandonará a industria despois do seu próximo proxecto

Saíu tantas veces da súa propia boca que xa ninguén o cre

6. O Pro Evolution continúa sendo mellor que o FIFA

Houbo cambio de xeración e tamén cambio de gañador, porque por moito que lles pese aos amantes do Pro, a calidade deste diminuíu en cantidades inxentes

7. O Ninja Gaiden non era tan complicado como din

Xa , gustaríame verte no monstro final…se consegues chegar

8. Xogando o Tetris son o mellor

Isto creo que o dixemos todos os que nos viciamos horas a este insuperábel xogo

9. Sempre intento pasar os xogos ao cen por cen

Iso é o dito de todos os hardcore gamers, pero de aí a cumprilo hai un paso enorme, e ademáis con logros tan entretidos como atopar duascentas e pico bandeiras no Assassin´s Creed…

10. Vaia pintaza que ten este videoxogo (mirando a contraportada da caixa)

Agora cada vez acontece menos porque hai moita información, pero os casual continúan con esta errónea teoría de fiarse das fotografías que poñen por detrás

11. A PSP é a mellor portábel ata o momento

Non, a Game Boy é a mellor portábel da historia

12. Os xogos son para nenos

Esta frase ven por parte de xente que non ten nin maldita idea do tema nin tocou un videoxogo na vida

13. Os títulos da saga Imaxina ser… son videoxogos

Grave erro catalogar a estos títulos como videoxogos, sendo armas letais para neuronas dos auténticos xogadores

14. A saga Rayman Rabbits non debería haber aparecido

Mentira,vale que os títulos non sexan nada bos e fagan quedar a Rayman nunha altura moi baixa,pero fixémonos de verdade,estos xogos crearon uns tráilers do más simpático e ademáis cos cartos que gañaron servirán para crear Beyond Good & Evil 2,ou iso espero.

15. A linealidade dos videoxogos é un contra que lle resta puntos

Outra das tonterías máis extendidas.A realidade aclárase con dous exemplos: Devil May Cry (lineal)(xogazo impresionante),Final Fantasy XIII(lineal)(trapallada)

16. No E3 presentan as novidades das compañías

Mentira comunmente utilizada, xa que onde de verdade sacan todo é no xa denominado pre-E3, é decir,unha semana e pico antes do comezo da feira comézanse a filtrar detalles,tráilers,novidades,presentacións, o E3 só é para oficializar estos datos.

17. O Devil May Cry 2 é unha merda de videoxogo

E seguimos co de sempre, esta segunda parte non é un título malo, ao contrario,dos xogos de acción de PS2 é un dos mellores,pero non podemos comparalo co seu predecesor que é un título impresionante.

18. A pantalla táctil da Nintendo DS permite un mellor control dos videoxogos

Creo que os que dín isto nunca probaron a xogar a calquera shooter subxectivo estilo Call of Duty

19. Os FPS son todos iguais

Esta frase téñoa escoitado en podcast e non a comprendo moi ben

20. Memoria Pixelada é un simple blogue máis de videoxogos

Esta é a peor falacia de todas…

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

8 Comentarios a “Vintena de falacias sobre videoxogos”

  1. rOke di:

    a millor é a 20 jaja

  2. Leo di:

    Ca catro non estou dacordo…

    Hay xogos onde o control é malo, pero non que o control é malo. Si e tan malo, ¿por que Sony e microsoft copian?.

    En canto a calidade dos xogos e certo que hay moita morralla, pero tamén hai obras mestras que xa lle gustaría por exemplo os de Sony

  3. skaltum di:

    Leo, non me negarás que nos venderon a Wii polo seu control e ao final non foi nin moito menos o que prometían,de feito títulos como Call of Duty son case inxogábeis e na maioría dos demáis a resposta do mando é moi pouco fiábel.
    E con relación aos videoxogos por suposto que ten grandes xoias e case todas elas saídas de Shigeru Miyamoto,pero en relación cantidade-calidade…

  4. AmilGZ di:

    Eu creio que é um problema de perspetiva. O controlo da Wii nom é o adequado para os jogos tradicionais, mas é perfeito para os minijogos que tanto agradam aos casual gamers. Nom dá para jogar um Call of Duty, mas é genial para botar umha tarde a jogar ao Mario&Sonic in the Olimpic Games.

    E a mentira número 20 é a pior de todas. E é algo que se escuita pola rua amiúdo, e depois claro, armam-se pelejas entre uns e outros… Mesmo Belén Esteban saíu o outro dia pola TV dizendo "¡Yo por Memoria Pixelada mato!".

  5. Fer Lee di:

    Pois non acabo de estad de acordo co dos gráficos. É certo que nos mola que se “vexa bonito”, pero prefiro o GTA2 visto desde enriba ao GTA3. Ou os sonics de MegaDrive ao Sonic3D ou os Adventure. Do mesmo xeito, antigamente, prefería os pros aos FIFAS ainda que nos segundos as caras dos xogadores estaban moito máis logradas.

    • Skaltum di:

      Por suposto que a diversión é o primordial, pero sexamos honestos, o Gears of War non sería o mesmo sen esa potencia gráfica e como este exemplo outros tantos, como Uncharted, Bioshock, Mass Effect…
      Por outro lado a próxima xeración de consolas supoño que tentará ofrecer un espectáculo visual maior, e iso é porque os xogadores esixen este feito.
      Pero a utopía sería unha mestura entre diversión e gráficos para ter un xogo de gran calidade.
      Por outro lado se me mandan escoller estre un xogo divertido (Tetris) ou outro con gran potencia gráfica (Final Fantasy XIII), a resposta é sinxela.

      • Home, claro que o Gears of War non sería o mesmo, pero tamén inflúe moito o sistema de control, a historia, o carisma de Marcus e compañía, etc.
        E o mesmo co Mass Effect. A historia é a parte máis importante deste videoxogo (polo menos para o meu gusto, vamos), tanto na primeira como na segunda parte (agardemos que na terceira tamén…).
        Os outros dous que pos, un non o xoguei e o outro non me gustou, así que non comento nada deles. 😛 😛

        Por poñerte un exemplo claro: o outro día na casa dun colega pasámolo teta xogando ó World Cup 90 da NES, cousa que non pasa co FIFA ou o Pro. E como que non cambia a cousa en canto a gráficos… jejeje

        Un saúdo. 😉 😉

  6. Carlos di:

    sodes uns cracks

Deixar un comentaio a Fer Lee