Despois de que Roke nos informase da presentación dunha expansión do Battlefield Bad Company 2 no Tokyo Game Show, agora temos outra nova que encantará a todos os gamers en xeral, xa que despois de que Sony presentase a súa lista de videoxogos que sacaría nesta feira, e o esperado The Last Guardian non estaba presente nela, agora parece ser que non vai ser así, e a última xoia de Fumito Ueda fará acto de presenza, como non podía ser de outra maneira.
Non comprendo esta rectificación, a verdade é que xa non entendía por que non ía aparecer, pero agora só se me pasa pola mente un novo gameplay desta impresionante obra (dade por seguro que será así), novas imaxes, datos,etc.
Esperemos que non se conformen con amosarnos un simple tráiler, que moi posíbelmente sexa o que vaia ocorrer.