Un divertido videoxogo de videoxogos

Por: Sábado, 28 de Agosto de 2010

GeekMindScreen3

Estades aborrecidos nestas calurosas tardes?, xa fostes respirar aire fresco polo monte limpo?( cada vez menos), escoitastes cantar aos paxaros?, pois se xa fixestes todo isto é o momento de que vos presente un curioso e divertido xogo flash no que nos propón un simple reto, Geek Mind é o nome da criatura.

Apareceranos na pantalla un fragmento dun videoxogo e nós teremos que adiviñar de que título estamos a falar, se adiviñamos bonificarannos con máis tempo e gañamos puntos, se non, os sesenta segundos que temos van descendendo ata chegar a cero, momento no que perdemos a partida.

É curioso que enganche tanto, xa que aínda que na primeira partida só acertedes un ou dous, sempre che ronda na cabeza o… seguro que coñezo moitos máis, así que vouno intentar de novo.

Pero non é nada sinxelo que temos xogos de todas as etapas, e a mín escápanseme moitos xogos de consolas antigas, podédelo intentar neste enlace.

Por certo, ó máximo que cheguei foi aos seiscentos puntos,e ver vós.

ACTUALIZACIÓN: Ja, ja , ja ( risa malévola ), acabo de chegar aos 2100 puntos, veña que un pouco de pique sempre está ben. Por certo, moito me molesta coñecer o xogo e non acordarme do seu título.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

2 Comentarios a “Un divertido videoxogo de videoxogos”

  1. AmilGZ di:

    625 míseros pontos… ainda que para mim está trucado, porque só vale o nome que pugessem no jogo. Assim, em vez de "Mario Bros." tens que pôr "Mario" para que o deem por bom.

  2. skaltum di:

    Hai que poñer o nome completo do título en cuestióm, incluso hai que remarcar se se trata da segunda terceira ou cuarta parte.
    O que non entendo é o xogo do Brain Training que sei que é este pero non mo da por bo, terei que poñer o nome competo co nome do doutor que o creou…

Deixar un comentaio a AmilGZ