Treyarch abandonará a Segunda Guerra Mundial

Por: Sábado, 28 de Agosto de 2010

stalingrad-mp40

Curiosa esta noticia por parte dos responsábeis do próximo Call of Duty : Black Ops ( que por certo estará inspirado nesta Segunda gran Guerra), xa que despois de pasar anos e anos sacando títulos bélicos baseados neste conflito, parece que se cansaron e decidiron abandonar para sempre dita atrocidade da humanidade para centrarse noutras atrocidades máis recentes.

Desde as súas palabras dixeron que se volvesen a centrarse na Segunda Guerra Mundial tería que ser algo totalmente novo e fresco, desta maneira deixan aberta a porta de atrás para non contradecirse e volver optar por esta ambientación.

Eu personalmente levo dicindo moitos anos que este panorama está moi sobre-explotado e apoio moi fortemente esta decisión, aínda que tamén debo engadir que teño moi pouca fe nestas palabras.

Pero temos un exemplo claro do ben que pode resultar innovar nestos temas, xa que o antigo Infinity Ward crearon conflitos ficticios e mirade os impresionantes xogos que sacaron, pero claro, Treyarch ten un grave lastre, e non é outra cousa que as odiosas e necesarias comparacións, e todos estamos pensando nun novo título estilo Infinity Ward, e tamén teño serias dúbidas neste aspecto.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario