Análise de Kane & Lynch:Dog Days

Por: Xoves, 26 de Agosto de 2010

Kane e Lynch 2

Esta curiosa parella xa protagonizaron un xogo bastante regularciño fai uns anos,pero aínda que este título non era do mellor, os seus protagonistas tiñan carisma suficiente como para volvelo intentar, e de aquí esta nova entrega.

Se recordamos un chisco, Kane é un asasino e Lynch é unha persoa con problemas mentais, pero nesta entrega só manexaremos ao tolo do grupo, e Lynch será o encargado de meter en problemas aos dous compañeiros,cómo?, pois matando sen querer a unha rapaza que resultou ser a filla dun perigoso mafioso. Así parte esta segunda entrega, na cal só teremos unha misión, escapar tanto da policía como dos sicarios contratados por este mafioso, é dicir, teremos que escapar de todos a tiro limpo.

E aquí reaparece o primeiro problema de Dog Days,xa que Eidos seguiu a estela do seu predecesor creando un título do máis monótono que recordo, no cal única e exclusivamente teremos que disparar e disparar, con pequenas variantes, como a interacción dende un helicóptero que, adiviñades o que temos que facer dende el?, pois claro, disparar.

Isto volve a quitarlle moitos enteiros a un título que podía dar moitísimo máis de si, pero como compensa este feito?, pois volven a copiar a estratexia do primeiro videoxogo, poñendo un multixogador a pantalla partida que entretén o suficiente

Kane & Lynch 2 1 .

Pero non todo é copiar do predecesor, xa que o apartado gráfico foi mellorado considerábelmente (tampouco é que fose moi complexo mellorar o do primeiro Kane e Lynch), pero uns escenarios moito máis cheos e un efecto de cámara estilo teléfono móbil ( incluso pixelando as escenas máis fortes) converte esta segunda parte nalgo moito máis espectacular. Aínda que ben é certo que para o meu gusto a cámara está situada demasiado cerca do protagonista, detalle que resta visibilidade, aínda que hai xente que lle gusta máis este efecto.

Referente á xogabilidade o título non ten moito problema, cun sistema de cubertura similar ao de Gears of War ( como case todos os shooter de agora), pero cunha mirilla moi pouco fiábel, xa que é unha das mirillas máis grandes que vin, tanto, que ao principio do xogo resulta case imposíbel matar aos inimigos de forma rápida, obrigándonos a disparar o dobre ata conseguir acertarlle. Pero neste caso un erro tapa a outro erro, xa que a intelixencia artificial dos inimigos non é demasiado boa, e son estas cousas os que volven a converter a Dog Days nun título moi prescindíbel.

Kane & Lynch 2 2

Pero tranquilos que agora ben o punto final, xa que rematei o título xogando a pantalla partida nunha tarde e sen viciarme demasiado, e as cinco horas que pode durar Kane & Lynch 2 non compensa en absoluto pagar setenta eurazos, nin de broma. Como moito alquílalo.

En definitiva, un xogo que se podía converter nun grande título estampouse de cheo contra o chan, tanto que se non o xogas acompañado deixaralo de lado moi rápido, porque a monotonía e aburrimento invadirate pronto, e aínda que o xogues acompañado tamén o deixarás moi rápido, xa que non ten ningún aliciente para volver querer xogalo.

Volvo repetir o que xa dixen cando rematei o primeiro xogo, unha pena que se desaproveiten uns personaxes tan bos como estes.

 

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

5 Comentarios a “Análise de Kane & Lynch:Dog Days”

  1. Leo di:

    Mensaxe recibido. Eu xogara o primeiro como un par de horas e logo deixarao abandonado. Si comentas que non vale a pena non o quero nin prestado.

  2. skaltum di:

    Existen moitísmos máis contras que pros neste título, e se o queres para xogar individualmente, é mellor que te esquezas.

  3. Leo di:

    Agora estou alucinando totalmente con Mafia II, incrible, tan bo ou mellor que o primeiro.

  4. skaltum di:

    Pois curiosamente estouno xogando eu tamén, e aínda que non puiden xogar ao primeiro, este non me ten mala pinta, a ver se mantén a diversión até o final do título.

  5. Leo di:

    Eu estou completamente enganchadisimo…. A historia pareceme incrible. Ademais fai un guicho a primeira parte

Deixar un comentario