Moitos recordaredes este xogo polas explosivas rapazas que saían bailando nun casino en roupa interior, outros recordarán o videoxogo polo seu apartado técnico propio do século pasado, pois podedes deixar de recordar a seu anuncio porque é case seguro que fose cancelado pola propioa Warner Bros.
Anteriormente xa saíran moitos e moitos rumores de cancelación que xa non presaxiaban nada bo, pero aínda así, dende fontes externas aclárase que Midway levaba gastado un total de case 50 millóns de dólares en este This is Vegas.
50 millóns de dólares?, e onde estarán invertidos?, porque o proxecto non é que presumise de grande apartado gráfico,nin argumento, nin sequera existía ningunha demo real…
Non sei onde gastaron tantos cartos, epro o fracaso foi verdadeiramente poderoso.