Fai uns días que se anunciou que sacarían unha nova entrega de Bioshock, pero creo que merece a pena volver uns días atrás para contemplar o espectacular tráiler de Infinity, a terceira entrega de Bioshock.
Nesta nova parte, deixamos Rapture e elevámonos aos ceos para protagonizar unha aventura nunha especie de cidade flotante, pero tranquilos que os “señores peixe” tamén estarán por alí arriba para facernos as cousas máis complexas.
O título sairá en 2012 para a 360 e Playstation 3 e volve a ser un shooter en primeira persoa ( tanto non ía cambiar a saga). Veremos a evolución deste título que xa está creando polémica pola rede, que se nunca debeu saír das profundidades oceánicas, que xa era hora de saíar á superficie…
Se son honesto, mentres o xogo sea divertido, por min como se o título se realiza no fondo dun volcán, pero polo de agora o tráiler é moi espectacular.