Análise de Dragon Quest IX

Por: Mércores, 18 de Agosto de 2010

Dragon Quest IX

Despois do éxito que tivo O Periplo do Rei Maldito na PS2, unha nova entrega de Dragon Quest renace, pero para asombro de todos, na Nintendo DS.

Esquecédevos de antigas partes de Dragon Quest como Joker e similares, porque non teñen nada que ver. Esta novena entrega é un xogo en toda regra, longo, con argumento e divertido.

A historia métenos dentro da pel dun garda do ceo, o cal perde todos os seus poderes, polo que nos tocará recuperalos, e cómo facemos isto?, pois axudando a todos os campesiños e habitantes que necesiten a nosa axuda. Deste xeito, comezaremos este videoxogo de rol por turnos, descubrindo novas aldeas, combatendo contra monstros, realizando misión que nos encomendan, etc, etc.

Como xa dixen, os combates son típicos dos xogos de rol po turnos,pero a diferenza doutros títulos, neste Dragon Quest veremos en todo momento aos inimigos, e así, seremos nós quen decidamos se queremos loitar e desexamos esperar un pouco. Compre dicir, que non convén escapar de moitos combates, xa que como bo xogo de rol, necesitaremos mellorar o noso protagonista, que por certo, poderemos elixir o seu aspecto, así, cantos máis combates gañemos, máis experiencia adquirimos, e máis poderoso nos volvemos.

Os combates son bastante rápidos, e o sentido do humor está presente continuamente, e como é habitual na saga, teremos maxias para namorar ao inimigo, para facelo bailar, etc.

Dragon Quest IX 1

Iso si, debedes ter en conta que é obrigatorio ir con outros tres acompañantes ( ben controlados pola consola, ou por internet), porque se non será imposíbel acabar con inimigos finais, e aquí hai un grave erro no xogo, xa que non explica claramente onde e cando debemos facer que se unan a nós os nosos compañeiros, e se non o facedes no momento adecuado, ademais de desesperarvos con grandes inimigos, despois terás que empezar co seu nivel no primeiro nivel, mentres que o protagonista principal xa estará nun nivel bastante avanzado, e digo isto, porque eu fun un dos prexudicados.

E se a isto lle engadimos que estes personaxes, os cales decidiremos a súa profesión e nada máis, non teñen absolutamente nada que ver na historia principal, fai que sexan uns personaxes moi pouco aproveitados.

Pero unha vez que esteades os catro personaxes, cada un coa súa profesión, as posibilidades de combinación aumentan moitísimo, polo que deberemos vestilos da forma máis axeitada,comprar armas adecuadas a cada un, e aumentar os puntos de experiencia que obsequiarán ao protagonista con novas maxias.

Como xa vedes, nos combates non haberá problema de aburrimento.

Dragon Quest IX 2

A exploración é outro factor clave deste Dragon Quest, xa que se investigamos outras zonas das da aventura principal, poderemos atopar misión secundarias que nos beneficiarán con diñeiro ou obxectos difíciles de atopar por todo o enorme mapeado. Ademais, o apartado gráfico axuda moito, que sen ser o mellor de DS, chega a límites moi altos, sobre todo nas aldeas, que teñen bastante detalle. Como é habitual en Dragon Quest, os deseños dos inimigos están creados por Akira Toriyama creador de Dragon Ball e Arale ( por que sempre se olvidan de Arale co boa que era esta serie?).

Xa vedes, que a pesar de ser un título para a portábel de Nintendo, cumpre con todas as características para divertir, incluso cunha duración moi elevada, o título non aburre, será polo argumento que nos somerxe nun mundo fantástico con tinxes cómicos?, será polos combates rápidos e cheos de posibilidades?, será polo que sexa, pero é un título moi recomendábel para todos aqueles que lle guste o rol, iso si, ten erros como a repetición constante de inimigos,pouca variedade de profesións do protagonista ou a obrigación de volver á aldea cada vez que morres, sendo engorroso se te matan nun lugar lonxe ao que tes que volver e tentar a sorte de novo, pero asegúrovos que o resultado global é satisfactorio, que para ser un xogo da Nintendo DS xa é todo un logro.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario