O Kinect sairá o 10 de novembro

Por: Martes, 17 de Agosto de 2010

Kinect

Primeiro arrepentirme de chamar Kinect ao Project Natal no propio título, porque semellante nome tan antiestético, mal soante, feo… aínda que se o problema deste periférico só recaese no propio nome, non me importaría absolutamente nada, pero o problema é moito maior.

E a estas alturas creo que pasamos demasiado tempo especulando sobre cando sairía, e agora, por fin, temos a resposta oficial.

O 10 de novembro poderemos adquirir o Project Natal en calquera tenda, pouco despois da súa saída en América (4 novembro), e virá acompañado co impresionante xogo Kinect Adventures, a un prezo tan asequíbel como son 150 euros (por favor, nóteseme o meu sarcasmo e retranca tanto no referente ao xogo como ao prezo).

Se aínda queda alguén que queira gastar estos cartos está de sorte, porque finalmente sairá neste mesmo ano, e pode elexir entre títulos como Kinectimals, Kinect Sports, Kinect Central Dance…

Con estos títulos xa sabedes o que vos espera…

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario