A miña opinión sobre o primeiro título foi contundente, unha absoluta porquería.
Non sei polo que, pero puxeron en marcha a segunda parte, e moito me temo que o resultado vai ser igual, ou moi similar, porque vendo o tráiler que amoso a continuación, que alguén me diga a diferenza entre a primeira e segunda entrega.
Graficamente non se ve a diferenza (seguirá tendo esos dentes de serra), pero ademáis parece que poderemos controlar ao protagonistas coa cruceta, algo que xa se debeu facer dende un inicio.
Pero teremos que andar cambiando de control ( cruceta e lápiz), continuamente?…uuuuhh,que malas vibracións.
Ségueme sen ter boa pinta,e aínda que parte dunha idea orixinal, e aparentemente poderemos escribir ata adxectivos, a diversión ten que estar presente en todo o título, e era un factor que carecía a súa primeira entrega, e todos sabemos que de tal pau….
Nunca me gustou a nintendo DS, é mais, regalaronma e vendinna… e con estos xogos xa nada…
Hai que decir que a idea era moi boa, pero non souberon convertela nun título decente.
E falando da DS, é igual que falar da Wii, Nintendo centrouse nun determinado grupo de xogadores e esqueceuse de nós, aínda que hai xogos na DS os cales me pareceron do máis divertido
Empezando polo Elite Beat Agents ( totalmente imprescindíbel ), e chegando ao Puzzle Quest analizado nesta mesma páxina,sendo un xogo moi entretido, o cal o estou rexogando de novo.
Pero é certo,a inmensa maioría dos títulos de DS…..