Por se acaso tiñades a ese formiguiño que temos todos os xogadores, que nos fai ter esperanza de probar un gran título nun tempo relativamente curto ( lieime un pouco non?), pois esquecédevos desta esperanza co xogo estrela de If Software, xa que dende a QuakeCom presentaron a data de saída, e será o 15 de setembro de 2011.
Máis dun ano de espera para catar RAGE, un título que promete revolucionar o panorama das consolas ( aínda que ultimamente moitos xogos prometen, pero poucos actúan).
Nesta presentación, na cal non permitiron a grabación de ningún vídeo ( por algo será ), amosaron as tres versións nas que sairá, é decir, consolas ( Xbox 360 e Playstation 3), e PC/Mac.
Ao parecer, nas versións das consolas os tempos de carga provocaban problemas, chegando incluso a colgarse a consola de Microsoft, aínda así, teñen un anazo para solventar estos problemas, e eu, inocente de mín, teño a esperanza de que os solucionen.