Tráiler da tecnoloxía de Mafia 2

Por: Luns, 9 de Agosto de 2010

Como acontece todos os anos, o verán é a etapa de sequía por excelencia por falta de saída de títulos de videoxogos resaltábeis.

Así que para entretervos ata a saída de Mafia 2, que vai ser o primeiro gran título en abrir a etapa de saída de xogos, os seus creadores amósannos un vídeo no que se deixa patente a súa gran calidade tecnolóxica, ben sexa polo apartado gráfico, como pola súa física.

Penso que Mafia 2 ten alicientes suficientes ( con pareado e todo ), para deixarnos os dentes ben longos cando collamos o mando e comecemos a xogalo, aínda que vexo sen ver moi claro esas expresións forzadas que teñen os protagonistas na cara, non poderían melloralas?

Aínda así, o cómputo global será moi positivo, ou iso parece ata o de agora,así que xa vos podedes ir preparando para adentrarvos nas mafias máis perigosas.

Por certo, non vos esquezades que a demo sae mañá, así xa podedes aproveitar para tantear a calidade que vai ter.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario