Que Okamiden vai ser un xogo máis que agradábel para os ollos xa é algo que se sabe dende o primeiro vídeo que amosaron.

E aínda que a estas alturas cada tráiler que amosan ben acompañado de algún spoiler, eu non me canso de aprezar a beleza que equivale Okamiden, que presumo que vai ser a cousa máis bonita na portábel de Nintendo.

E neste novo vídeo, vólvese deixar claro este apartado.

Agardo con impaciencia, agardo con impaciencia,agardo sen paciencia, agardo sen paciencia…

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario