Existe Gorilla Nation?

Por: Venres, 6 de Agosto de 2010

Un bo día saíu na net un impresionante e frenético tráiler no cal se vía unha persoa perseguido por inimigos cuadrúpedos con moi mala intención. Como se pode aprezar no vídeo aquí exposto, o protagonista non tiña ningunha intención de deixarse cazar, e saía victorioso de todos estos despropósitos, e de maneira bastante espectacular.

Parece ser que se trataba dun novo videoxogo next-gen de Ubisoft e que hipotéticamente levaba o nome de Gorilla Nation. Non tardaron ( eu incluído ) en flipar co que podería ser este proxecto, mais todo se virou cando soubemos que o vídeo estaba realizado por un tal Fanny Vergne, e que o único que pretendía ( el e compañeiros ), era facer algo que molase.

A verdade é que o conseguiron, e moito, pero isto só quedará nun simple pero intenso tráiler, ou poderá chegar ao que debeu ser dende un inicio?.

Se non me credes botádelle un ollo ao espectacular vídeo, e saberedes porque penso que este proxecto debería ir arriba.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario