Se recordades un chisco, saberedes que fai uns días o productor de Bayonetta dixo que nesta semana teriamos nova información sobre este espectacular xogo.
Estas palabras non caeron no esquezo e non tardou en estar todo o planeta especulando sobre cal podería ser esta nova e esperada información. Os máis optimistas falaban dunha pronta secuela, os máis pesimistas de contido descargábel… pero a realidade sempre supera á ficción, e esta nova información que nos tiñan gardada é unha absoluta chorrada.
Parece ser que o título aparecerá a prezo reducido en Xapón, ademáis traerán incluído uns tráilers de Sega ( podemos resaltar Vanquish ), e para rematar, terán unha portada reversíbel ( a portada orixinal que é a que máis mola enchérona de pegatinas, os cabróns )
O de sempre, moita intriga para unha inmensa tontería de información, aínda que ben é certo que non certificaron que esta sexa a gran noticia que tiña plantaxado lanzala, pero moito me da a mín nos fociños….