Arkham City

Batman sorprendeunos cun título espectacular con Arkham Asylum ( que xa é raro neste tipo de personaxes ), e non tardaron en vir as ganas de probar unha segunda entrega do Cabaleiro Escuro.

Pero ata o de agora o único que se tiña medianamente claro é que o seu título sería Arkham Asylum 2, pois ben, oficialmente isto xa non é así, polo que a partir de agora podedes chamalo Arkham City.

Unha pena que aínda non haxa nin un mísero tráiler, art work, imaxes ou calquera información para que se vexa a nova cara do xogo ( para isto teremos que esperar un mes ).

Pero qué significa este cambio de nome?, maior variedade de escenarios? unha cidade completa para Batman?

Aínda non sabemos, pero se fan un título á altura do seu predecesor non deixará a ninguén indiferente.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario