Crysis 2 retrasado ata 2011

Por: Mércores, 4 de Agosto de 2010

crysis 2

Pois si amigos, se fai unhas semana amosaban a edición colecionista deste pedazo de shooter, ides ter que esperar algo máis para adquirila ( quen teña moitas cartos por suposto), o peor é que os que só queiran mercar a segunda parte de Crysis, tamén van ter que esperar ata principios de 2011, xa que aínda que o videoxogo de Crytec estaba previsto que saíse nesta campaña de nadal, resulta que nada de nada, a esperar ata marzo presumíbelmente, xa que é cando se remata o ano fiscal.

Non deron motivo ningún deste retraso, quizáis para non atoparse de fronte con Black Ops?, terán algún aspecto que pulir?

Esperando, esperando….

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario