Contratempos para o filme de Uncharted

Por: Mércores, 4 de Agosto de 2010

uncharted filme

Parece que os deuses están da parte dos vicioxogadores, e non lle están poñendo as cousas doadas a todos os proxectos filmográficos que queren aproveitar o tirón do videoxogo.

Así, non só a adaptación cinematográfica de Gears of War está a sufrir serios problemas, xa que segundo parece, o filme dos recomendábeis Uncharted, tampouco pasa o seu mellor momento.

Parece ser que os productores da película estiveron negociando con David O. Russell, para que dirixise a proxecto, aínda que non debeu convencer a este director xa que Sony está á procura dunha nova persoa que dirixa este filme.

Entón que acontece?, pois que os plans que supostamente tiña Sony para comezar a rodar este filme no 2011 véñense abaixo.

Eu coma sempre, non teño ganas ningunha de ver a Nathan Drake na gran pantalla, ningunha.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario