Non sei que me sorprende máis das Edicións Especiais, se o que traen consigo ou o seu elevadísmo e inaceptábel prezo. Xa que esta edición do xogo de condución máis esperado do ano, Gran Turismo 5, custará nada máis que 180 €.
Eu non sei se a xente se percata destos prezos, pero estámonos movendo por cifras coas cales ben se poden mercar unha consola propia, pero alá ás persoas, á súa carteira, e a súa conciencia.
Pero dito sexa todo, xa que esta edición é bastante elegante e completa:
- Caixa metálica ( nunca pode faltar nunha boa edición )
- Carteira de coiro inspirada no propio título
- Miniatura de SLS AMG
- Chaveiro de Gran Turismo 5
- Pendrive
- Un número da revista Apex, con duascentas páxinas con consellos de condución,tecnoloxías, e modificación
- Libro sobre localizacións e coches de GT5
- Cinco coches “ ChromeLine” e seis “Stealth”
Como vedes está bastante completa, pero a mín ségueme parecendo un prezo desorbitado.