bayonetta

A verdade é que nunca acostumo poñer noticias deste tipo: proximamente veremos un novo tráiler, nos próximos días aparecerán novas imaxes, nesta semana nova información… pero se estamos a falar da xoia de Bayonetta véxome na obriga de facer unha pequena excepción.

Todo o relacionado con Platinum Games é benvido a este recuncho, e atópome en Anaitgames unha nova que haberá que ter en conta, xa que o productor de Bayonetta, Yusuke Hashimoto soltou estas palabras:

Bos días. Parece que poderemos compartir nova información relacionada con Bayonetta esta semana. Estade atentos.

Agora toca especular un pouco para saber de qué se pode tratar, se un contido de descarga ( esperemos que non ) ou dunha segunda parte ( esperemos que si), aínda que me extraña bastante que saquen unha nova entrega tan axiña.

Pero non teremos que esperar moito para saír de dúbidas.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

Deixar un comentario