Pois como vedes non só desfrutan de Edicións Especiais as consolas de sobremesa, e acábase de anunciar unha nova Edición colecionista do próximo Kingdom Hearts que sairá o próximo 10 de setembro por estos lares, xa que os nipóns xa levan un tempo desfrutando del ( como sempre eles primeiro ).
Como sabedes, este novo Kingdom Hearts é un xogo de rol baseado no universo Disney con personaxes clásicos incluídos, e aínda que a versión portáble de Nintendo DS non me fixo moita graza, espero que este sexa algo máis divertido.
Pero os que sexan fans incondicionais, poderán desfrutar deste título nunha caixa diferente, un libro de arte de 48 páxinas e un par de postais, a pouco máis do prezo orixinal. Vale, que esta nova Edición non é grande cousa, pero o conto é gañarlle o máximo diñeiro aos videoxogos, non?