Eu non me explico como seguen creando estos pseudo- proxectos de dubidosa calidade potencial, e induvidábel falta de calidade xogábel.
Estos continua realizando ports básicos de consolas de sobremesa a portábeis, e o resultado non son nada positivos, pero parece que isto da moitos cartos, porque con cada Call of Duty que sacan, alí aparece a súa versión para a DS.
Acabo de ver esta imaxe, e ademáis de provocar dor de cabeza, xa se presume o que vai pasar con este título.
Eu teño unha mensaxe aos creadores.
Entendo que pretendan gañar o máximo posíbel con estas franquicias, pero se deciden pasar a outras plataformas ( cousa que non deberían ), por qué non pensan en cambiar de método?. Está claro que a NDS non é a mellor plataforma para os FPS, e saben do isto, non poderían realizar un título que se adapte mellor?. Por exemplo un xogo de estratexia ou algo similar.
Porque realizando outro FPS do montón, que pretenden?, hai si, roubar.
Coincido contigo plenamente, Call of Duty para DS = bosta.
Mira que che digo, viste este trailer do DC Universe Online?: http://www.youtube.com/watch?v=ipaoXdTcX84
Nom sei como será o jogo, mas o trailer é genial!
Ultimamente están traballando moi ben os tráilers. Parecen filmes en vez de videoxogos, e aínda que hai que ter en conta que as veces os tráilers enganan, este chama moito a atención.Este tráiler saíu fai una semana e non deixou a ninguén indiferente, e aínda que non son moi partidario dos MMORPG ( debido a baixa calidade de internet na miña zona ), este haberá que telo presente.
Por certo e por se che interesa, o DC Universe Online sairá en todas as tendas o 2 de novembro.