Análise de God of War 3

Por: Martes, 27 de Xullo de 2010

GoW 3 1

Con esta terceira entrega conclue a triloxía de Kratos na súa historia contra os deuses, e se teño que definir tal obra de arte cunha soa palabra (cousa imposíbel), podería ser épico, brutalidade,diversión,potencia…como xa dixen, non se pode definir GoW 3 cunha soa palabra.

A estas alturas xa todos sabemos máis ou menos a misión de Kratos, matar a Zeus,deste xeito controlaremos o espartano ao longo de grandes escenarios dando morte a todo becho que se mova, pero o que resumín de forma rápida e aparentemente normal, acábase rematando nunha das mellores experiencias xogábeis que probastes en toda a vida, e a continuación o por qué.

O espectáculo visual elévase ao máximo xa na propia introdución, onde teremos que controlar a Kratos na súa subida cara o Olimpo axudado polos Titáns. Aquí xa nos amosa do que é capaz God of War 3, algo espectacular, impresionante e impactante para os nosos ollos.

Por suposto, só é o inicio, e danos a entrada á verdadeira aventura de Kratos, así, despois desta marabilla de introdución , continuaremos controlando ao protagonista eliminando aos nosos inimigos, tanto os que nos aparecen continuamente, como os grandes ( no sentido literal ) inimigos finais, cos cales teremos que empregar os xa clásicos QTE que tan ben soubo implementar esta saga. Neste aspecto tampouco decae o título, xa que a cantidade de inimigos que atopamos é bastante elevado, é aínda que ben é certo que moitos deles son sacados de anteriores entregas, outros novos fan acto de presenza para complicar as cousas o “bo” do espartano.

GoW 3

Na nosa aventura iremos adquirindo novos movementos copiando o método anterior, é dicir, aforrando orbes vermellas que servirán para mellorar as nosas armas. Falando de armas ( que ben levado é??), iremos atopando e conseguindo un número bastante decente para un xogo de aventuras, que irán dende as nosas clásicas espadas, ata uns puños de aceiro. Cada arma terá unhas propiedades que teremos que empregar para superar os diferentes puzles que nos atopamos. Tamén teremos que utilizar novas habilidades como axudarnos das arpías para saltar grandes espazos, ou montar animais mitolóxicos para eliminar aos pobres inimigos.

Os puzles levan escrito a marca de todos os relacionados con esta saga, é dicir, problemas bastante sinxelos de solucionar pero que poñen a variedade que necesita un xogo de premer botóns continuamente como este, así cumpren co seu propósito de aumentar a variedade, e non vou facer spoilers, pero hei de engadir que algúns destos puzles parodian outros xogos bastante coñecidos o que fai que o xogador se sorprenda.

As doses épicas que emite Godo f War 3 son imposíbeis de describir, porque todo está deseñado para sorprender ao espectador, tanto polo impotente apartado técnico ( absolutamente impresionante), pasando pola banda sonora ( aínda que houbo cancións que non me gustaron demasiado para un título así) e rematando cun argumento que non me defraudou en absoluto, e digo isto porque lin en varias páxinas que o desenlace da triloxía non era tan bo como se esperaba, pero reitero que non me parece nada malo, e non desmerece a esta obrigado triloxía.

GoW 3 2

Pero non podo despedirme sen falar da total brutalidade do xogo, xa que hai escenas verdadeiramente duras, dado que Kratos non amosa ningunha piedade polos seus inimigos, así non vos sorprendades por ver decapitacións,fortes golpes e litros e litros de sangue salpicada por todo o escenario.

Como sempre acontece coas grandes xoias, o título pásase bastante rápido non chegando á decena de horas, aínda que sempre se pode volver a pasar nun modo máis difícil, porque un xogo así non aburre e proporciona diversión ao xogador dende o primeiro segundo, iso si, para maiores de idade.

 

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

1 Comentario a “Análise de God of War 3”

  1. […] inimigo grande para montarnos enriba del e superar zonas específicas. Si, igual que acontecía no God of War, e aquí está o seguinte plaxio, xa que incluso a disposición dos botóns está posta de forma […]

Deixar un comentario