Xa estabamos intranquilos pola ausencia de datos sobre un novo título desta saga, na que encarnamos o sicario máis famoso de todo o panorama videoxoguil. Hitman pode reaparecer no próximo ano, xa que na páxina web da deseñadora gráfica Great Graphics, aparecen dous pósters na que se apreza o protagonista moito máis musculado que en anteriores ocasións, e aparentemente parece que está máis atormentado, máis perdido…
A maiores, aparece o logo de Hitman ( cos seus respectivos nomes e ano da hipotética saída) rodeado dunhas chamas o máis puro estilo “ filme das catro da tarde”.
Polo de agora abonda con conformarse con estos datos xa que non hai absolutamente nada confirmado, nin oficial, pero cando o río leva auga, é que algo soa… ou non era así exactamente o dito?…