Limbo é un desos títulos que chama a atención dende o primeiro momento que o visualizas, ben sexa polo seu peculiar aspecto gráfico, que mestura e xoga co negro e coas súas sombras e siluetas, como polo seu desenrolo plataformeiro pero con mortes bastantes duras para un título destas características.
Pero o apartado técnico non recae soamente na gráfica, xa que Limbo fai un uso da física dos obxectos que xa lle gustaría ter á maioría dos xogos que saen o mercado.
Así, atopámonos cun título old-school, tan da vella escola que para avanzar usaremos a táctica de ensaio erro, ensaio erro… Isto quizáis bote para atrás a máis de un, pero se recordamos un chisco, cantos títulos de antaño usaban este método?,cantos nos facían memorizar case cada paso que daba o protagonista?, pois moitos, de aí que aínda perduren na nosa mente.
Acontecerá o mesmo con Limbo?
Botádelle unha ollada a este título que sairá en exclusiva na Xbox Live, aínda que se vende o que parece que vai vender, non me sorprendería en absoluto que saíse na PSN e ata en Steam.