Todos os que nos gustan os videoxogos buscamos sempre esas prendas inexistentes en tendas físicas na que aparece algún protagonista de videoxogo que nos represente, algún sinboliño que nos recorde a algún título en concreto, etc.
A verdade é que en camisetas pódese atopar algo, pero para os pes temos algo?, pois en Gamers of Peru atopeime con esta recopilación das cen mellores zapatillas que calquera vicioxogador se pode atopar.
Un total de cen modelos que gustarán tanto aos amantes das plataformas como os que prefiren os tiros,e ademáis coa comodidade de velos nunha presentación que nos salva de ter que premer en todas as imaxes.
Se queredes ver toda esta recopilación, porque hai algunha verdadeiramente curiosa, premede aquí ou en calquera das imaxes.