Parece que se puxo de moda isto de sacar edicións coleccionistas por cada xogo “famosete” que crean.
Algúns deles bos, outros peores e moitos deles ridículos, que non pasan dunha caixa metálica e algún que outro contido descargábel.
Pero a verdade é que a edición especial de Crysis 2 gustoume bastante:
Unha mochila coa forma do nano traxe do protagonista, un libro de arte con 176 páxinas, unha estatua de Prophet, holograma de SCAR, camuflaxe de Waffenskin, rangos e ítems novos e como non podía faltar, unha caixa de metal.
Si, a mín tamén, o que máis me gusta de todo é a mochila, pero eu non vou pagar 200 dólares por todo isto, que é o que custa esta Edición Coleccionista, e como xa saberedes como fan o cambio, case seguro que chegará aquí a un prezo de 200 eurazos, unha cantidade case insultante que botará para atrás a bastantes xogadores… e non é para menos.
O xogo polos videos que vin ten unha pintiña espectacular. Si é tan bo coma a primeira parte e as expansións seguro que me mola. O video de New York impresionoume moito.
Por certo, o prota é mallado a Wood da serie "Bones", ¿utilizaronno oficialmente como modelo ou é algo "circunstancial"?
A decir verdade non sei moito desta saga, pois non xogo a títulos de PC pola pouca potencia do meu "cacharro" pero tivo unhas críticas espectaculares.
Gráficamente din que é algo espectacular, e si que é moi bo, pero tampouco me parece que chame tantoa a atención como o fixo Gears of War no seu momento.
Aínda así terei en conta este título.
E tes razón sobre o de Bones, terei que investigar un pouco a ver se ten algo en común este parecido.
ome a verdade eu non iria con esa mochila pola rua, e menos se teño que pagar 200 eurazos por iso cando a edición normal sae a uns 70 euros…
Penso que por primeira vez na historia todos os gamers coincidimos nalgo, e é que as edicións coleccionistas están saíndo a uns prezos desorbitados.
A verdade é que se están pasando bastante,pero parece que lles vai bastante ben con estas edicións, xa que cada vez sacan máis, e a un prezo moi similar aos 200 euros.
Supoño que haberá xente que non lle importa gastar tanto diñeiro.