Análise de Singularity

Por: Luns, 12 de Xullo de 2010

singularity

Sen dúbida estamos vivindo a época dos shooters, e da man de Raven chéganos Singularity, un título de acción en primeira persoa na que non só teremos que disparar a todo o que se mova, se non que deberemos empregar un artiluxio que nos otorga poderes como reconstruír ou destruír obxectos, relantizar o tempo e incluso viaxar o pasado.

Pero comecemos polo principio ( pero sen spoilers). O noso protagonista é enviado a unha illa coa finalidade de axudar a uns compañeiros dun ataque, pero antes de aterrar o noso helicóptero é derrubado, e xa sabemos o que nos toca. Pero en dita illa estivéronse realizando perigosos experimentos cun novo elemento químico que provocou mutacións na flora e fauna ( si, tamén nos humanos ),polo que o perigo do protagonista é cada vez máis elevado. Por sorte, este novo elemento tamén servíu para construír perigosos pero útiles artiluxios, que nos servirán para abrirnos paso por todos os escenarios. Deste xeito, conseguiremos unha especie de guante metálico que nos otorga o poder de construír ou destruír elementos do escenario como escaleiras,paredes,etc. Pero lonxe de quedarse aquí, a medida que avancemos iremos adquirindo novas habilidades como crear unha burbulla para relantizar o tempo, provocar ondas expansivas, etc.

Como podedes intuír, todos estos poderes terán que ser usados para sortear pequenos puzles que nos atopamos, o mesmo tempo que eliminamos tanto criaturas como humanos inimigos ( non teredes nin un segundo de respiro). Pero outra grata sorpresa que me provocou Singularity é a posibilidade de viaxar o pasado para arranxar algún problema no presente. Ver o mesmo escenario pero en épocas diferentes, e comprobar pouco despois o resultado dos nosos actos no presente é algo verdadeiramente satisfactorio.

singularity 2

Pois imaxinádevos compaxinar estos poderes con disparos contínuos,diversión asegurada, xa que as armas que empregamos irán desde o clásico e letal francotirador ata un lanzagranadas teledirixidas,pasando pola típica ametralladora ata un lanzacravos. Ademáis que todas estas armas ( e poderes ) poderán ser mellorados en pequenas estacións que nos atoparemos polos escenarios a cambio de recolectar E99 ( o novo e perigoso elemento químico).

Así, para eliminar aos inimigos tanto poderemos destruír parte dunha grua cos nosos poderes e esmagalos, ou ben usar o método clásico, tiro limpo.

O apartado técnico é notable e notaredes que se ve moi ben dende un principio, pero temos referentes mellores que fai que nos pareza que Singularity ten un apartado gráfico menor do que en realidade ten, e digo isto porque lin en diferentes análises deste xogo que o apartado técnico non destaca nada…que debía ser mellor… e realmente non o comprendo, porque alcanza un nivel moi alto, pero claro, non o podemos comparar co CoD:Modern Warfare, pero tampouco pretendemos. Eu asegúrovos, que o apartado técnico de Singulariy non vos vai defraudar en absoluto.

singularity 3

Ata o de agora estou dicindo todo bo deste título porque me sorprendeu moi gratamente,pero claro, ten punto negros, e un deles é o lastre que arrastran absolutamente todos os shooters desta xeración, que mira que sacan ben deles, pero a súa duración, en todos, é moi escasa. Non aprenden, ou non queren aprender, pero volvemos a ter un xogo que pasaredes nun par de tardes sen viciarvos moito, e vou dar un consello a todas aquelas persoas veteranas neste tipo de xogos, comezádeo no nivel difícil para que vos supoña un reto. Así o fixen eu e non tiven “case” ningún problema en pasarlle o final, aínda que debo recoñecer que nas cloacas pasei un tempo…

E outro detalle que non acabo de comprender.

Por qué “collós” os protagonistas son mudos e non falan absolutamente nada en toda a aventura?, onde queda a súa personalidade?,e o problema é que cada vez acontece en máis títulos, e Singularity é un deles, polo que vos podedes esquecer de escoitalo falar, decir algo, bromear…nada,simplemente obedece ordes e nada máis.

Pero o cómputo xeral é un título moi recomendábel para todas as persoas amantes dos FPS, que vos fará pasar un anaco moi bo ( mentres dura o xogo ), disparando,correndo, nadando, saltando…ah, e ten tres finais diferentes, polo que non estaría mal rexogalo.

 

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

8 Comentarios a “Análise de Singularity”

  1. Leo di:

    Haberá que intentar botarlle a zarpa… ten pinta de ser moi orixinal

  2. skaltum di:

    Asegúroche que é moi divertido en todos os aspectos,superior a Metro 33 ou Aliens vs Predator que o estou xogando ahaora e estame defraudando completamente.
    Para mín Singularity é un título moi recomendábel, e estou seguro que pasará sen facer moito ruído…unha pena porque unha continuación estaría moi ben.
    Saúdos

  3. Leo di:

    Tereino en conta para futuras adquisicións. Metro gustoume bastante, ainda que non é para botar foguetes.

  4. Leo di:

    Estiven xogando 20 minutos e polo de agora non lle vexo moito o chiste. Supoño que mellorará mais o avanzar na historia. Estou dentro dunha escola…

  5. skaltum di:

    Tamén me sorprendeu a mín que tardase bastante en adquirir os poderes, porque normalmente xa che dan todo desde un inicio,pero tranquilo porque todo se volverá mellor, cando comeces a utilizar armas de verdade ( e non esa pistoluca ), cando poidas controlar o teu entorno…
    Volvo reiterar que foi un título que me sorprendeu gratamente, e fíxoseme divertido ata o final. E detalles como nadar ofrécelle certa variedade que se agradece.

  6. Leo di:

    Pois si, si señor… xogazo. Ahora si que mola. O que non entendo é por que non podo quedarme coa arma esta que dirixes a bala.

    Agora estou nunhas cloacas infestadas de bichiños, a ver si dou saido.

  7. skaltum di:

    Xusto nas cloacas foi onde me custou máis pasar no nivel difícil, que tantas carrachas xuntas…xD

  8. Leo di:

    Acabo de rematar o xogo agora mesmo, cos tres finais alternativos. Xa estou a esperar por algunha expansión ou unha segunda parte. Impresionante en todos os aspectos. Ten toques de Half Life, de Dead Space…. ahhh, por certo, moi bó o jicho que lle fan a "Lost" co timón de mover a isla baixo terra.

Deixar un comentario