Os clásicos con dificultade para casuals…

Por: Venres, 9 de Xullo de 2010

Houbo en etapa na que a dificultade dos videoxogos era bastante pronunciada obrigando ao xogador a pasar horas pegado ao título para conseguir pasar o videoxogos. Supoño que este factor era o que ofrecía os encantos a estos títulos.

Como todos sabemos,isto cambiou o 100%, e agora o complexo é atopar un título que verdadeiramente te faga sufrir para pasar de fase.

Pero cómo serían estos clásicos cunha dificultade moi,moi doada?

Observade o vídeo de a continuación que non ten desperdicio ningún.

Sobre o autor:

@Skaltum | Ver as entradas publicadas por Skaltum »

«A NES mudoume a vida. Descubrín sagas que motivarían a miña existencia e xogos que modificarían a miña forma de pensar. Pouco despois chegou a Game Boy e somerxeume aínda máis neste mundo do que xa non fun capaz de saír. Cantos adxectivos existen para describir unha boa experiencia cos videoxogos? Innumerábeis. Pero sei que uns cantos píxeles mudaron a miña personalidade. Só vos podo dar un consello: Cando poidades tomade un bo caldo de píxeles.»

2 Comentarios a “Os clásicos con dificultade para casuals…”

  1. An di:

    XD o caso é rematalos. Lembro que o verán máis perdido da miña vida foi o que pasei xunto uns amigos rematando o ghost and goblins, saúdos e apertas

  2. skaltum di:

    Os primeiros Ghost & Goblins eran unha animalada de difíciles, aínda xoguei o da PSP e tampouco era nada doado, polo que tiñas que repetir a fase moitas veces para conseguir chegar ao final.
    Pero agradécese esta dificultade.
    Sen ir tan lonxe xogos como o Ninja Gaiden ( impresionantemente complexo) ou o primeiro e ( obra mestra ) Devil May Cry había que sufrir para rematalo,pero que ben o pasei.
    Saúdos

Deixar un comentario