Nunha das súas múltiples entrevistas deixou caer un par de comentarios que volve deixar claro a súa intención de non soltar a súa rama ata que teña ben agarrada a seguinte.
Parece ser que despois de rematar con Metal Gear Solid Rising ( e iso que el só é o que supervisa o proxecto ),comezará co desenrolo de Zoe of Ender 3. Ata aquí moi en, pero cantas veces repetíu isto? Será esta a verdadeira?
Ademais, tamén deixou caer como se non tivese importancia ( pero sabendo que a nova repercutiría en toda a net ), que está indeciso entre facer un Metal Gear Solid 5 (MGS 4 non cerraba a historia?) ou comezar unha nova saga.
Tendo en conta que desde Metal Gear Solid: Sons of Liberty dixo que non ía volver dirixir ningún outro MGS, case apostaría a que volveremos ver a Snake relativamente pronto.
Se é que cando se atopa unha destas galiñas que pon uns ovos tan dourados, dificilmente se deixa escapar.