Fai uns días fixen unha breve comparación entre Split Second y Blur, pero o grandioso e entretido Split Second merécese máis, sei que está pasando bastante desapercibido e poñerei o meu gran de area para que a xente valore este divertido xogo de velocidade.
Split Second é un programa de televisión,no cal se desenrolan as carreiras de coches máis frenéticas do mundo ( podedes estar seguros de isto ), e como non podía ser de outra maneira, nós encarnaremos a un destes pilotos suicidas para intentar ser os primeiros de toda a competición.
O xogo estrutúrase en diferentes emisións, e en cada unha teremos que pasar certas probas para conseguir chegar á próxima emisión.
Así, o desenrolo de Split Second non se limita simplemente a gañar carreiras ( sendo estas do más divertidas que probei en moito tempo), xa que tamén teremos probas a contrarreloxo, de supervivencia ( teremos que sortear os bidóns explosivos que nos lanzan os camións), evitación ( un helicóptero lanzaranos mísiles e teremos que sortealos) e eliminación ( cada certo tempo elimínase o que estea na última posición).
Como podedes comprobar, na variedade está o gusto, e a Split Second non lle falta variedade nas súas probas.
Pero para os que non saibades absolutamente nada deste xogo,explicareivos o punto forte do título, xa que para gañar as diferentes carreiras teremos que intentar eliminar os nosos rivais e para isto teremos que encher unha barra de enerxía derrapando, con rebufo, con saltos, evitando trampas, etc. Unha vez chea esta barra aparecerá enriba do coche rival unha icona, momento no que poderemos activar unha das moitas trampas que teñen as pistas, desde a aparición dun camión de basura, ata a explosión dun cisterna. Desta forma, eliminaremos rivais, ou eles eliminarannos a nós.
Pero isto non queda aquí, xa que se conseguimos encher toda a barra, a icona cambiará de cor e poderemos activar ou unha súper trampa o un desvío do circuíto. Se se trata dunha súper trampa xa sabemos o que nos vamos encontrar, unha trampa verdadeiramente potente e destrutiva que afectará a varios coches e na segunda opción abriremos un desvío novo, máis espectacular que a pista inicial a cal nos servirá como atallo e así escalar posicións.
Sumade todos estes factores, e saberedes o que é diversión en estado puro.
Graficamente está claro que bebe directamente de Bornout, cuns efectos de luz á mesma altura, unha sensación de velocidade impresionante e uns escenarios do máis detallados. Ademais, o son e cancións que escoitamos nas carreiras son bastante “cañeras”, dignas dun título arcade deste estilo.
Pero si algo me chamou verdadeiramente a atención foi a elevada dificultade do videoxogo. Xa non recordaba un xogo que supuxese un verdadeiro reto para o xogador, pero Split Second consígueo. A intelixencia dos inimigos é verdadeiramente boa, esperando o momento xusto para activar as trampas e para chegar primeiro na dificultade difícil terás que xogar verdadeiramente ben, ou se non, esquécete.
Cando pensaba que a dificultade dos videoxogos xa se había erradicado, Split Second devólveme as esperanzas.
Pero sexamos obxectivos, Split Second ten fallos, e non me refiro a que os coches non sexan reais ( a quén lle importa? ), nin que non sufran demasiados danos nas carrozarías ( o final acaban sendo destrozados),refírome á pouca variedade de circuítos que nos dan. Non só iso, xa que moitas das pistas novas, só son variacións das primeiras, o cal resta asombro o xogador.Ademais, os tempos de carga son demasiado longos, o cal pode chegar a frustrar aos xogadores con menos paciencia.
Unha pena que non paliaran estos problemas, xa que polo resto paréceme un xogo verdadeiramente bo, cunha capacidade de diversión sorprendente, un multixogador infinito e adornado cuns gráficos moi bos.
Para min foi a gran sorpresa do ano, unha xoia que chegou sen facer ningún ruído e que me cautivou pola súa experiencia.
Como xa comentará, pareceme un xogazo. Os eventos especiais son incribles. A primeira vez que vin como se afundía o chan e conducia por un parking, o caia a torre de control dun aeroporto e utilizabase como rampa caiume o queixo o chan.
Como ben dis,verdadeiramente impresionante.
Caidas de edificios ao noso paso,aparición de avións na propia pista,incríbel variedade de trampas…
Quedei impresionado, e sen olvidar o tremendamente divertido e adictivo que é.